O Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras volta a Vigo e Monforte nestes últimos meses do ano

O Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras volta a Vigo e Monforte nestes últimos meses do ano

Fundación Mujeres retoma os itinerarios, iniciados no primeiro semestre, nos concellos de Vigo e Monforte no marco do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras financiado pola Xunta de Galicia.

O próximo martes día 4 de outubro reanudase a formación no Centro de día de COGAMI en Vigo, comezando polo obradoiro de Autoestima: “Así son, así me vexo, así me ven”. A través deste obradoiro pretendese potenciar o desenvolvemento dunha autoimaxe, autocoñecemento e autoestima positivas determinantes no proceso de empoderamento persoal.

Por outra banda, co grupo de Monforte, que xurdiu gracias a colaboración coa Asociación Albores, reforzarase o seu itinerario cun obradoiro de alfabetización dixital, centrado na realización de trámites online a demanda do propio grupo.

Todas estas actividades, incluídas nos itinerarios de activación, teñen como finalidade fortalecer o empoderamento das mulleres coidadoras para favorecer o seu desenvolvemento persoal así como a súa participación social e/ou laboral. Así mesmo, favorecese a toma de conciencia sobre os seus dereitos como cidadás e sobre a necesidade de autocoidarse mentres crean redes de apoio mutuo.

Se te queres informar ou coñecer as actividades que temos programadas, nestes ou noutros concellos da comunidade galega, podes consultar a nosa axenda ou chamar ao 981 294 097 (ext. 6001).

Anímate a participar!