O Concello de Oroso incorpórase ao Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras do Medio Rural

O Concello de Oroso incorpórase ao Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras do Medio Rural

O 30 de setembro deu comezo a primeira edición do Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras do Medio Rural (SAIC Rural) no concello de Oroso, que este ano súmase aos outros 11 concellos os que Fundación Mujeres ven desenvolvendo a sua intervención no marco do proxecto  cofinanciado pola Deputación da Coruña.

Nesta primeira edición, levaremos a cabo dous talleres de activación persoal (Autocoñecemento e Autoestima e Xestión Emocional), un de activación dixital (Habilidades dixitais para o manexo do teléfono móbil) e un Espazo de Participación Social sobre a prevención do acoso de rúa.

O Programa impartirase os mércores de 10:30 a 12:30 no Local de Maiores de Sigüeiro e terá unha duración de 8 sesións, entre o 30 de setembro e o 25 de novembro.

Para finalizar, queremos dar as grazas tanto ao persoal do Concello como as mulleres pola súa boa acollida.

O Concello de Oroso incorpórase ao Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras do Medio Rural

O Concello de Oroso incorpórase ao Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras do Medio Rural