Novos avances no plan de formación en “Saúde Sexual e Reprodutiva con enfoque de Xénero e Dereitos”

Novos avances no plan de formación en "Saúde Sexual e Reprodutiva con enfoque de Xénero e Dereitos"

Desde o pasado 7 de setembro, o equipo técnico de APADEIM vén realizando con 100 mulleres de 10 comunidades de El Viejo (Nicaragua), os obradorios correspondentes ao Módulo III. Estes obradoiros están enmarcados no plan de formación «Saúde Sexual e Reprodutiva con enfoque de Xénero e Dereitos» do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)” cofinanciado por la Xunta de Galicia y promovido por APADEIM y Fundación Mujeres.

Os talleres de formación están a facilitar que 100 mulleres de maneira directa fortalezan elementos conceptuais sobre a saúde sexual e reprodutiva desde un enfoque de xénero e dereitos.

Máis concretamente, o desenvolvemento deste módulo de formación favorece, principalmente, que as mulleres coñezan e exerzan os seus dereitos sexuais e dereitos reprodutivos, así mesmo, amplíen a súa visión e coñecementos sobre o uso de métodos anticonceptivos, permitíndolles tomar decisións sobre a súa reprodución de maneira libre, responsable e informada.

As ideas craves que se comparten coas mulleres fan referencia aos aspectos esenciais sobre os Dereitos Sexuais (DS) e os Dereitos Reprodutivos (DR), tales como: todas as persoas son titulares dos DS e DR sen distinción de etnia, sexo, orientación sexual, condición social ou económica; os DS e DR están dirixidos a garantir a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, homosexuais, lesbianas, persoas transxénero, ou heterosexuais, nos ámbitos da sexualidade, e a lograr o máximo nivel da súa saúde sexual e reprodutiva. Analízase como idea clave o que todas as persoas, sexan adultas, novas, adolescentes ou menores, son suxeitas sexuadas e por tanto titulares de dereitos sexuais e reprodutivos.

É importante resaltar que as mulleres participantes han compartido experiencias de vida nas que evidenciaron a vulneración dos seus dereitos sexuais e reprodutivos, colocando a necesidade de tomar decisións sobre os seus corpos e o seu dereito a elixir.

O desenvolvemento deste taller permitiunos reforzar que a vixencia e garantía dos DS e DR aplícase a todos os campos da vida social das persoas, tanto no ámbito público como privado, na relación coa súa parella, na familia, na escola, no traballo, etc., así como o dereito de demandar unha atención de calidade na súa saúde sexual e reprodutiva.

Novos avances no plan de formación en “Saúde Sexual e Reprodutiva con enfoque de Xénero e Dereitos”

Novos avances no plan de formación en “Saúde Sexual e Reprodutiva con enfoque de Xénero e Dereitos”