Nicaragua inicia o ano con saldos vermellos en casos de Violencia de Xénero

Nicaragua inicia o ano con saldos vermellos en casos de Violencia de Xénero

Durante o mes de xaneiro do ano 2016, no marco do proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de las Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)«, cofinanciado pola Xunta de Galicia e impulsado por APADEIM e Fundación Mujeres, continuouse coa análise dos diferentes medios de comunicación  de circulación nacional, prensa escrita, televisiva e redes sociais, así como o seguimento do observatorio de violencia a nivel comunitario e a consulta con organizacións e movementos de mulleres, para a recollida de datos do próximo Boletín do Observatorio.

Como resultado deste proceso, até o día 28 de xaneiro as cifras oficiais de casos de femicidio rexistrados suman 4 vítimas, entre as cales, atópanse unha adolescente de 14 anos e unha nena de 8 anos. Ademais, o observatorio de violencia a nivel comunitario rexistra outros 4 casos de violencia baseada en xénero.

Entre os tipos de violencia rexistrados nas comunidades hai dous casos de violencia psicolóxica e física, un caso de violencia patrimonial e unha violación a unha menor, dos cales, soamente una das mulleres interpuxo a denuncia. Este resultado lévanos a reflexionar sobre o vital de continuar desenvolvendo accións de sensibilización que incidan na importancia de denunciar a violencia e seguir toda a ruta de atención integral.

Por tanto, o observatorio da violencia transfórmase nunha ferramenta que permite medir o pulso da violencia nas comunidades rurais e dalgunha maneira o funcionamento das institucións encargadas de actuar na denominada ruta de atención á violencia cara ás mulleres, así como, desenvolver accións de acompañamento ás vítimas.

Nicaragua inicia o ano con saldos vermellos en casos de Violencia de Xénero

Nicaragua inicia o ano con saldos vermellos en casos de Violencia de Xénero