Mozos de El Salvador fórmanse para previr a violencia contra as mulleres

Mozos de El Salvador fórmanse para previr a violencia contra as mulleres

A finais do mes de maio, deu inicio el proceso formativo en liderado transformativo e dereitos humanos, enmarcado no proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” que executan Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e co apoio financeiro de Xunta de Galicia, cun novo grupo de homes novos das rexións Paracentral e Central.

Para o desenvolvemento destas capacitacións cóntase coa colaboración do colectivo Homes pola Equidade, quen levarán a cabo quincenalmente, durante os próximos 2 meses, estes talleres dirixidos a 30 mozos dos departamentose de San Salvador e Cuscatlán que non recibiron ningunha formación previa na materia.  O obxectivo dos mesmos é d esarrollar procesos de capacitación,  sensibilización, e reflexión sobre xénero e dereitos das mulleres, para xerar cambios nas formas de pensar e actuar de lvos homes novos e convidando a asumir unha vida libre de violencia, cara ás mulleres e tamén cara a outros homes.

As temáticas a traballar están relacionadas coas identidades, a construción social e cultural da masculinidade e o papel dos homes no exercicio da violencia e nos dereitos sexuais e reprodutivos. Na primeira xornada abordouse o significado de ser home no Salvador, a través de metodoloxías participativas e vivenciais, o que despertó un gran interese por parte dos participantes, que seguirán profundando na materia nas formacións sucesivas.

A demais, este proceso inclúe o deseño e a execución dunha campaña de prevención da violencia contra as mulleres desde o ciberactivismo, tal e como se fixo co grupo do ano pasado.

Mozos de El Salvador fórmanse para previr a violencia contra as mulleres

Mozos de El Salvador fórmanse para previr a violencia contra as mulleres