Masculinidade e Saúde Sexual e Reprodutiva

Masculinidade e Saúde Sexual e Reprodutiva

No marco do proxecto “Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)” Fase 2, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e a Fundación Mujeres, no mes de Xullo comezou o curso sobre Masculinidade e Saúde Sexual e Reprodutiva, dirixido a 80 homes provenientes da FASE I do proxecto e 40 homes incorporados nesta fase.

Este curso está composto por cinco (5) módulos, distribuídos en trece (13) talleres, co obxectivo de sensibilizar e promocionar novas prácticas nos homes, relacionadas co respecto dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, así como o exercicio dunha sexualidade responsable.

O primeiro taller realizado baixo o tema: “As sexualidades masculinas (mitos e crenzas)” foi impartido na comunidade de Aurelio Carrasco a homes vinculados afectivamente coas mulleres participantes no proxecto.

Durante o taller reflexionouse sobre a forma en que os homes aprenderon socialmente a vivir a súa sexualidade e como a mesma condiciona as relacións coas súas parellas, moitas veces desligada da afectividade, xa que tradicionalmente esta é considerada como algo propio das mulleres.

Os participantes estiveron moi motivados e valoraron de maneira positiva que se fomenten espazos de reflexión onde os homes poidan aprender e se sincerar sobre estes temas que segundo eles: “non son tan común”, “son cousas que non se falan” e que ás veces son vistas como “cousas malas”.    Adicionalmente manifestaron ter boas referencias dos homes que son parte da FASE I do proxecto.

Masculinidade e Saúde Sexual e Reprodutiva

Masculinidade e Saúde Sexual e Reprodutiva