Las Mélidas definen a metodoloxía para a formación das lideresas de diferentes comunidades de El Salvador

Las Mélidas definen a metodoloxía para a formación das lideresas de diferentes comunidades de El Salvador

O pasado 16 de xullo realizouse unha reunión na que participaron as coordinadoras de zona de Las Mélidas, a técnica expatriada de Fundación Mujeres e a coordinadora local do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia,de face a planificar a metodoloxía a utilizar nas formacións previstas durante a execución do proxecto.

Para iso tivéronse en conta as características das mulleres participantes como idade, nivel educativo, nivel de empoderamiento e formación en xénero, entre outras.

Neste proceso de formación participarán 54 mulleres dos departamentos nos cales Las Mélidas teñen presenza. A metodoloxía definida para estas formacións será lúdico – participativa, reuníndoas para traballar en plenarios e realizando subgrupos para profundar nas temáticas e propiciar a participación de todas.

Así mesmo, discutiuse sobre os contidos e axenda tendo en conta as distintas prioridades que se abordandentro da temática dos dereitos sexuais e reprodutivos como son: saúde sexual, diversidades, amor romántico, marco xurídico, entre outros.

O proceso de formación será desenvolvido en 5  sesións, xornadas de día e medio, a partir do mes de agosto e facilitado por persoal de Las Mélidas e Fundación Mujeres.

Estes procesos contribúen ao alcance dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), concretamente ao número cinco referido á igualdade de xénero.