Laracha, concello de A Coruña, súmase ó proxecto Cuidadas da Fundación Mujeres cofinanciado pola Deputación da Coruña

Laracha, concello de A Coruña, súmase ó proxecto Cuidadas da Fundación Mujeres cofinanciado pola Deputación da Coruña

Neste grupo de Laracha intentaremos tomar conciencia das consecuencias que teñen os coidados a nivel físico, mental e social para buscar novos hábitos beneficiosos que melloren o noso autocoidado.

Tamén a nivel persoal abordaremos o tema da autoestima, identificando as nosas necesidades e desexos e reforzando as nosas cualidades, virtudes e habilidades.

Por outra parte, dentro das destrezas sociais trataremos de integrar ó noso día a día ferramentas adecuadas que nos faciliten a comunicación e negociación coas persoas no noso entorno, mellorando deste xeito as nosas relacións interpersoais. Falaremos de termos como empatía, escoita activa, proactividade, asertividade, comunicación verbal e non verbal….

Para rematar, buscaremos técnicas que nos axuden a xestionar mellor o tempo. Aprenderemos a realizar plans persoais que nos permitan ter unha adecuada administración do noso tempo diario.