Fundación Mujeres presenta o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural na Deputación da Coruña

Fundación Mujeres presenta o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural na Deputación da Coruña

 A Deputación da Coruña invitou a Fundación Mujeres a participar nunha mesa redonda para falar dos factores de risco en sectores laboráis feminizados. Neste senso, presentouse o Servizo de Apoio Integral a mulleres coidadoras non profesionais de persoas dependentes no medio familiar que desenvolve a Fundación Mujeres co apoio da Deputación da Coruña.

Na ponencia fixose fincapé nas repercusións das tarefas do coidado sobre o benestar, a saúde e a calidade de vida destas mulleres. Debido a este rol teñen a saúde deteriorada: Contracturas, hernias, esguinces, lumbalxias, hipertensión, trastornos gástricos e intestinais, cefaleas, exceso de fármacos, perda de enerxía, fatiga crónica, sensación de cansancio continuo, etc.

Con este Servizo, que xa leva 4 anos, contribuímos a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras e a promover o seu desenvolvemento persoal e social aprendendo a demandar apoio de xeito eficaz e fomentando hábitos de vida máis saudables.

Mediante as actividades grupais nas que participan se reforzan as relación sociais a través da interacción con mulleres que están na mesma situación.

Este Servizo levase a cabo en Culleredo, Bergondo, Abegondo, Cambre, Betanzos, Sada, Carral e este ano súmanse os concellos de Curtis e Ordes.