Fundación Mujeres organiza unha visita á exposición “Elisa no mundo das marabillas”

Fundación Mujeres organiza unha visita á exposición "Elisa no mundo das marabillas"

Nesta ocasión, un grupo de Cuidadanas reuníuse o día 8 de outubro na Biblioteca Municipal Miguel González Garcés na Coruña para asistir á inauguración da exposición do conto Elisa no mundo das marabillas.

O conto xurdiu como unha forma de visibilizar a parálise cerebral. Para isto, o colectivo creou a personaxe de Elisa: unha muller con parálise cerebral chea de vitalidade e forza. A protagonista toma a determinación de percorrer o mundo na súa casa rodante para ter aventuras e axudar a aqueles que, coma ela, se senten diferentes.

Este proxecto levárono a cabo integramente 30 persoas usuarias do centro APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) de Vigo.

Para inaugurar o acto contouse coa presenza da directora da Biblioteca, a Concelleira de Benestar Social do Concello da Coruña, o Delegado da Xunta de Galicia na Coruña e con persoas usuarias de diversas asociacións de persoas con parálise cerebral, entre elas ASPACE coa que colaboramos dende hai tempo no proxecto. Todas as persoas asistentes desfrutamos dun contacontos levado a cabo por catro dos escritores e escritoras de Elisa no mundo das marabillas.

A actividade tivo unha moi boa acollida nas coidadoras, as cales eloxiaron a calidade da obra aludindo ás fermosas imaxes, á historia e ao gran esforzo das persoas autoras durante todo o proceso.

Para poder desfrutar da elaboración do conto achegámosvos o enlace a un video da editorial Galaxia no que se documenta a creación do conto Elisa no mundo das marabillas. 

Fundación Mujeres organiza unha visita á exposición “Elisa no mundo das marabillas”

Fundación Mujeres organiza unha visita á exposición “Elisa no mundo das marabillas”