Fundación Mujeres levará a cabo unha charla informativa en Bergondo

Fundación Mujeres levará a cabo unha charla informativa en Bergondo

 O vindeiro luns 15 de maio as 18:30h Fundación Mujeres levará a cabo unha charla de difusión deste Servizo na Casa da Cultura do Concello de Bergondo.

Tratase dun Servizo de apoio integral a mulleres coidadoras non profesionais de persoas dependentes do medio familiar que desenvolve a Fundación Mujeres co apoio da Deputación da Coruña.

Con este Servizo contribuimos a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras e a promover o seu desenvolvemento persoal e social:

-Aprendendo a demandar apoio de xeito eficaz e técnicas de autocoidado.

-Fomentando o bo manexo das emocións e hábitos de vida mais saudables.

-Promovendo o reforzo das relacións sociais a través da interacción con mulleres na mesma situación.

Bergondo é unha das localidades onde se leva a cabo este Servizo dende 2013 cunha resposta moi positiva tanto do persoal técnico do Concello coma das participantes nas actividades que se desenvolven con elas.

Agradecer a Asociación ELAS e o Concello de Bergondo pola sua implicación e colaboración neste evento.

Fundación Mujeres levará a cabo unha charla informativa en Bergondo

Fundación Mujeres levará a cabo unha charla informativa en Bergondo