Formación sobre métodos de planificación familiar e infeccións de transmisión sexual ás mulleres de El Viejo

Formación sobre métodos de planificación familiar e infeccións de transmisión sexual ás mulleres de El Viejo

No Marco do Proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, realizáronse 10 talleres sobre planificación familiar e infeccións de trasmisión sexual, onde participaron 80 mulleres de 10 comunidades.

Neste último taller do módulo II «Toma de decisións pola miña Saúde Sexual e Saúde Reprodutiva», as participantes estiveron moi interesadas en obter información sobre as infeccións de transmisión sexual, mostraron asombro coas imaxes de mulleres e homes que padecen estas infeccións, e o impacto que teñen na vida sexual e reprodutiva, xerando debate sobre a importancia do uso de condóns, a percepción de risco e o desexo de coidarse.

As mulleres expresaron que actualmente, nos postos médicos de saúde da comunidade, a única oferta é a inxección de 3 meses, a cal é administrada sen explicar os seus efectos, nin as repercusións na saúde das mulleres. Algunhas participantes no proceso expresaron que esta inxección lles suspendeu a menstruación por máis de 6 meses, e cando lle aparece vén con intensos sangrados. É importante seguir brindándolles información, e tamén incidir en promover métodos máis seguros e eficaces sen arriscar a saúde e a vida das mulleres.