Formación en saúde sexual e reprodutiva con enfoque de xénero e dereitos das mulleres en Nicaragua

Formación en saúde sexual e reprodutiva con enfoque de xénero e dereitos das mulleres en Nicaragua

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)” cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres,culminouse con todos os grupos de mulleres o segundo tema do modulo I «Determinantes sociais na Vida Sexual e Reprodutiva das Mulleres». Este tema estaba centrado en que as mulleres identifiquen e preveñan situacións de violencia de xénero que atenten coa súa integridade física e emocional.

Neste espazo as mulleres compartiron reflexións como que, polo xeral, os poucos homes que utilizan preservativos fano «de maneira exclusiva para a súa autoprotección ante as enfermidades de transmisión sexual», e as mulleres «de maneira exclusiva para non saír embarazadas», facéndose evidente a despreocupación das mulleres polo coidado dos seus corpos. Por tanto, o proceso formativo está a permitir o auto recoñecemento do corpo das mulleres, para o seu coidado físico e emocional.

Por outra banda, tamén se deu información ás mulleres e puxéronse en común aspectos relacionados coa violencia de xénero, concretamente en relación a catro tipos de violencia: psicolóxica, física, sexual e económica. O obxectivo é que elas as coñezan e sexan capaces de identificar posibles situacións de violencia que poidan estar a sufrir, así como vixiar calquera situación de violencia de xénero que se presente nas súas comunidades para pór en coñecemento do observatorio comunitario.

Formación en saúde sexual e reprodutiva con enfoque de xénero e dereitos das mulleres en Nicaragua

Formación en saúde sexual e reprodutiva con enfoque de xénero e dereitos das mulleres en Nicaragua