Formación a mulleres en xénero con énfase na saúde reprodutiva e a prevención da violencia de xénero

Formación a mulleres en xénero con énfase na saúde reprodutiva e a prevención da violencia de xénero

No marco do proxecto “Prevención da Violencia de Xénero e mellora de la Saúde Sexual e Reprodutiva de las mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua), FASE II” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e a Fundación Mujeres, realizouse durante o mes de Xullo un taller sobre autoestima baixo o título “Eu como Centro da miña vida”. Este taller levouse a cabo na comunidade rural de Aurelio Carrasco.

O obxectivo desta secuencia de talleres é fortalecer a capacidade de conciencia crítica de xénero, facendo énfase na saúde sexual e reprodutiva e empoderamento persoal das mulleres de dez (10) comunidades beneficiarias do proxecto.

Este ciclo formativo está dirixido a reforzar os coñecementos adquiridos de oitenta (80) mulleres provenientes da Fase I do proxecto, así como a cincuenta (50) novas mulleres que se incorporaron nesta segunda etapa.

Algúns dos principais temas abordados durante a capacitación foron: autoestima, imaxe de min mesma, identidade feminina, medos, culpabilidade, as perdas.

As novas participantes amosáronse colaboradoras e entusiasmadas durante a sesión, animadas e motivadas polas compañeiras con máis experiencia. Compartimos a continuación, algunhas impresións das mulleres recollidas durante a actividade:

“É unha oportunidade de aprender temas novos, de ter un tempo para nós”

“Penso que é un beneficio que nos teñan involucrado, pois as compañeiras que xa asistiron a todo o que se lles brinda comentan que aprenderon moito e que ademais coidaron da saúde delas e tamén das súas parellas”.

As formacións sobre estes temas permiten fortalecer a autonomía das mulleres na toma de decisións, a capacidade de autodeterminación, así como mudar as súas percepcións e actitudes en relación á saúde sexual e reprodutiva.

Formación a mulleres en xénero con énfase na saúde reprodutiva e a prevención da violencia de xénero

Formación a mulleres en xénero con énfase na saúde reprodutiva e a prevención da violencia de xénero