Finalizan os talleres de educación para o desenvolvemento co alumnado do IES Hogar de Sta. Margarita

Finalizan os talleres de educación para o desenvolvemento co alumnado do IES Hogar de Sta. Margarita

O pasado 6 de novembro finalizaron os talleres de educación para o desenvolvemento que se levaron a cabo no IES Hogar de Santa Margarita, enmarcados no proxecto “Unha mirada a África: Mulleres e desenvolvemento”, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña.

Moitas foron as reflexións e as propostas de intervención do alumnado, destacando aspectos positivos e negativos do que viron nas proxeccións e concluíndo cos aspectos que se poden mellorar nun futuro, intercambiando puntos de vista sobre a situación das mulleres en África e a extrapolación á súa realidade máis próxima.

Ao finalizar os talleres propúxose ao alumnado participante unha actividade que consistía en elaborar hashtags en relación aos contidos traballados na aula acompañase ás noticias de difusión. Estas son algunhas das súas propostas:

#sialaigualdad #stopestereotipos #educacionparatodos #luchaporloquequieras #igualdadsiempre #nuncaterindas

#luchaportussueños #noalaviolenciadegenero #porunmundonuevo #elmundocambia #mulleresloitadoras #igualdade #vivalacomunicacion #derechosdelasmujeres #esperanza

Gustaríanos agradecer ao profesorado e alumnado do IES Fogar de Santa Margarita a súa acollida e participación no proxecto.