Finalizan os talleres coas mulleres coidadoras de Cuntis

Finalizan os talleres coas mulleres coidadoras de Cuntis

Fundación Mujeres, en colaboración co Concello de Cuntis, impartiu un itinerario formativo  coa finalidade de que as mulleres coidadoras adquiran certo grado de autonomía e alcanzar a implicación do entorno nas labores de coidado fortalecendo a corresponsabilidade familiar e social de todas as persoas, especialmente da coidadora principal.

Os talleres formativos tiveron lugar no Centro Sociocultural Patelas de Cuntis dende abril ata xuño. Contamos coa participación dun total de 7 mulleres residentes de esta localidade e que son ou foron coidadoras de persoas dependentes.

Durante as sesións se traballaron desde diferentes perspectivas estratexias para afrontar e resolver situacións de conflitos, os diferentes estilos de comunicación, así como ferramentas sobre como mellorar a autoestima, poñer límites e aprender a dicir que non. Nestes talleres as mulleres mostraron o seu interese e agradecemento ante as temáticas impartidas a través da participación e a solicitude da posta en marcha de novos talleres.

Desde Fundación Mujeres gustaríanos agradecer tanto ao concello de Cuntis coma as mulleres participantes por facer posible a posta en marcha destas sesións.

Este proxecto enmárcase no Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

Se estás interesada en coñecer todas as actividades deste Servizo contacta con nós no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006)

Finalizan os talleres coas mulleres coidadoras de Cuntis

Finalizan os talleres coas mulleres coidadoras de Cuntis