Finalizamos a primeira edición do programa DANA na Coruña

O próximo día 19 de febreiro finaliza a primeira edición do Programa DANA: Emprego e Emprendemento en Igualdade, no que traballamos as habilidades sociolaborais principais demandadas no plano laboral actual, as competencias profesionais e persoais e reforzamos a búsqueda de emprego usando o computador. O programa baséase no acompañamento na búsqueda de emprego, crear redes de contactos e que as mulleres por si mesmas poidan redactar un currículum, buscar emprego en internet, e coñecer os recuros da contorna da cidade da Coruña principalmente. A base da formación é o traballo persoal, de autocoñecemento e autoconfianza, fundamental para que a búsqueda de emprego poida levarse a cabo con éxito.

Iniciamos a segunda edición o próximo día 20 de febreiro, no Centro Cívico de Castrillón, en horario de 9:30 a 13:30. Inscríbete a través do enlace pinchando AQUÍ

Se estás interesada ou coñeces a algunha  muller que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides contactar con nós: galicia@fundacionmujeres.es ou ben no telf.: 981 29 40 97 e móbil  663 20 23 80

O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo.

Finalizamos a primeira edición do programa DANA na Coruña

Finalizamos a primeira edición do programa DANA na Coruña