Encontro Intercomunitario “Mis Derechos en la Maternidad” en El Viejo, Nicaragua

Encontro Intercomunitario “Mis Derechos en la Maternidad” en El Viejo, Nicaragua

Ao longo das últimas semanas o equipo técnico do proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)» cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, empezou a preparar o Encontro intercomunitario «Mis derechos en la maternidad» que terá lugar a finais de xuño.

O obxectivo principal deste Encontro é que as 100 mulleres participantes no proxecto, das 10 comunidades do Vello nas que se traballa, compartan un espazo de reflexión onde ir deconstruindo o concepto tradicional do día da nai e a «Maternidade», entendida esta como un acto de sacrificio constante, que reforza o rol materno de sumisión, valentía no parto e premio polo labor dos coidados das fillas e fillos.

Neste espazo reflexionarase de maneira conxunta acerca das vivencias cotiás no exercicio da maternidade, pondo o foco no dereito a vivir unha maternidade libre de violencia de xénero, a maternidade como decisión  de libre elección, así como o dereito a vivir unha maternidade sen risco e o acceso a programas de atención especializada.

Neste primeiro encontro aproveitarase tamén a ocasión para facer a presentación oficial do proxecto.

Encontro Intercomunitario “Mis Derechos en la Maternidad” en El Viejo, Nicaragua

Encontro Intercomunitario “Mis Derechos en la Maternidad” en El Viejo, Nicaragua