Desfacendo prexuízos e eliminando as discriminacións co alumnado de A Coruña

Desfacendo prexuízos e eliminando as discriminacións co alumnado de A Coruña

 A primeira semana de novembro comezaron os obradoiros de educación para o desenvolvemento co alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Elviña e 5º e 6º curso do CEIP Cidade Vella.

Durante todo o mes, e repartidos en catro sesións, se traballan aspectos como os prexuízos e estereotipos, igualdade, discriminación, autoestima e apoderamento a través dunha metodoloxía participativa, na que o alumnado ten a oportunidade de sentir na súa pel os sentimentos das persoas que sofren desigualdades.

Cos obradoiros traballamos a empatía do alumnado e potenciamos a súa conciencia crítica, facilitando a reflexión e posta en común con actividades como o visionado de curtametraxes e posterior debate. Algunhas das curtametraxes empregadas son as elaboradas no  marco do proxecto “I+I: Igualdad e Interculturalidad. Claves de la Educación para el Desarrollo” que se levou a cabo en Extremadura.

Ademais, o alumnado de secundaria que participou nos obradoiros de educación para o desenvolvemento, tanto en 2018 coma en 2019, terá tamén a oportunidade de demostrar ás súas aprendizaxes participando no concurso de cómic que se levará a cabo entre a derradeira semana de novembro e a primeira de decembro.

Todas estas actividades están enmarcadas no proxecto “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”, executado por Fundación Mujeres gracias a cofinanciación da Deputación da Coruña

Desfacendo prexuízos e eliminando as discriminacións co alumnado de A Coruña

Desfacendo prexuízos e eliminando as discriminacións co alumnado de A Coruña