“Covid -19: Que aprendemos e a que nos enfrontamos”

“Covid -19: Que aprendemos e a que nos enfrontamos”

Da man de Juan Gestal Otero, Catedrático de Medicina Preventiva, ex Decano da Facultade de Medicina e ex Director Xeral de Saúde Pública de Galicia, un grupo Cuidadanas tivo a oportunidade de asisitir a unha charla sobre o tema de actualidade, a COVID-19, enmarcada nos Espazos de Participación do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Ó longo das dúas horas que durou a actividade, o epidemiólogo fixo un repaso dende o comezo da pandemia, hai xa quince meses, sinalando as principais cifras que ata este momento nos deixou, a evolución no coñecemento da epidemia e a súa transmisión e as medidas de contención da mesma. Profundou nas peculiaridades da COVID-19 e explicou con minuciosidade as diferentes vacinas que se atopan no mercado e as que aínda están en ensaios clínicos.

A través da súa intervención clara e tranquila inspirou unha confianza nas usuarias ás que logo adicou un espazo durante o turno de preguntas onde tratou de despexar as dudas que as  participantes compartían.

O taller, que contou con 25 participantes, foi todo un éxito. As coidadoras agradeceron a claridade con que se expresou o Catedrático e tamén a posibilidade de contar coa súa presencia nesta xornada que axudou a entender algo mellor a crise sanitaria que estamos a vivir.

“Covid -19: Que aprendemos e a que nos enfrontamos”

“Covid -19: Que aprendemos e a que nos enfrontamos”