Continúan os procesos formativos en Saúde Sexual e Reprodutiva cas mulleres de El Viejo

Continúan os procesos formativos en Saúde Sexual e Reprodutiva cas mulleres de El Viejo

A primeira semana de setembro desenvolveuse o obradoiro “Mis derechos asertivos: DECIR NO. Romper la pasividad,  la asertividad. Amor y relaciones de pareja”,  no marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres. Este taller desenvolveuse na comunidade Mata de Cacao (Nicaragua).

Durante o taller contouse coa asistencia de todas as compañeiras convidadas, demostrando o interese que teñen na temática e o seu desexo de participar activamente. Ao longo do taller abordouse a temática dos dereitos asertivos co obxectivo de analizar, desde a propia historia persoal, os mitos e falsas crenzas en relación ao amor e a sexualidade desde un enfoque de DDHH e xénero. Para o desenvolvemento da sesión empregáronse láminas descritivas e algún vídeo en relación coa temática, contando coa participación activa das mulleres.

Durante a sesión, as participantes lograron compartir as súas experiencias e identificar algunhas situacións de violencia que viñeron sufrindo desde nenas. Reflexionouse sobre a importancia da sanación persoal para pechar o ciclo de violencia e empezar a vivir de forma plena e digna, sendo capaces de recoñecer e facer valer os seus dereitos.

Continúan os procesos formativos en Saúde Sexual e Reprodutiva cas mulleres de El Viejo

Continúan os procesos formativos en Saúde Sexual e Reprodutiva cas mulleres de El Viejo