Comezan os talleres entre homes sobre “Dereitos sexuais e reprodutivos de homes e mulleres”, en el Viejo (Nicaragua)

Comezan os talleres entre homes sobre "Dereitos sexuais e reprodutivos de homes e mulleres", en el Viejo (Nicaragua)

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, iniciáronse, no mes de febreiro, os talleres sobre «Dereitos sexuais e reprodutivos de homes e mulleres», con 18 homes beneficiarios do proxecto de 2 comunidades rurais de El Viejo, Nicaragua.

O obxectivo destes talleres é reflexionar sobre os dereitos sexuais e reprodutivos de mulleres e homes, o cal permitiu que eles identifiquen que respectar estes dereitos permite regular e ter control autónomo e responsable sobre a súa sexualidade, sen ningún tipo de coacción, violencia, discriminación, enfermidade ou doenza. Ademais, faise fincapé no dereito das mulleres a non ser vistas como seres exclusivamente reprodutivos e poder exercer a súa sexualidade de maneira pracenteira, sen que esta leve necesariamente un embarazo.

Tamén se analizaron temas como o dereito a ter acceso a servizos de saúde reprodutiva que garantan unha maternidade segura, a prevención de embarazos non desexados e a prevención e tratamento de doenzas do aparello reprodutor como o cancro de útero, mamas e próstata. Doutra banda, os participantes puideron identifican que non respectar estes dereitos tamén son mostras de violencia. Expresaron que o abordado nestes talleres lles útil para tomalo en conta nos seus fogares e en canto ás súas relacións de parella.

Comezan os talleres entre homes sobre “Dereitos sexuais e reprodutivos de homes e mulleres”, en el Viejo (Nicaragua)

Comezan os talleres entre homes sobre “Dereitos sexuais e reprodutivos de homes e mulleres”, en el Viejo (Nicaragua)