Comezan os itinerarios de emprego presenciais nos Concellos de Cuntis, Celanova e Arzúa

Os itinerarios, enmarcados no proxecto ALICIA, Activando la Igualdad están encamiñados a fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, así como mellorar a empregabilidade das mulleres con especiais dificultades de participación social e laboral.

Diríxense a mulleres desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos, inmigrantes, vítimas de violencia machista, con baixa cualificación, coidadoras non profesionais de persoas con algún tipo de dependencia, de familias monoparentais ou do ámbito rural.

Actualmente, estase a desenvolver no Concello de Ponteceso cunha gran acollida, ademais de na Coruña. Nos concellos restantes  desenvolveranse entre os meses de maio e xullo en CuntisCelanova e Arzúa.

As temáticas a tratar inclúen tanto o empoderamento persoal (Fase Quiero) como outras enfocadas a mellorar a empregabilidade das participantes desenvolvendo as súas competencias transversais e profesionais (Fase Puedo). Asemade, na última Fase, Consigo, realízanse accións de achegamento a empresas e acceso a ofertas de emprego.

Se estás interesada en participar, non dubides en poñerte en contacto connosco a través dos teléfonos 981294097 / 660355831 ou no correo electrónico galicia@fundacionmujeres.es 

Esta actividade forma parte do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo + (2021ES05SFPR003) e conta co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

 

Comezan os itinerarios de emprego presenciais nos Concellos de Cuntis, Celanova e Arzúa

Comezan os itinerarios de emprego presenciais nos Concellos de Cuntis, Celanova e Arzúa