Colaboración con MOVICANCER para avanzar na mellora da saúde sexual e reprodutiva das mulleres de El Viejo (Nicaragua)

Colaboración con MOVICANCER para avanzar na mellora da saúde sexual e reprodutiva das mulleres de El Viejo (Nicaragua)

 No marco do proxecto Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, estableceuse a colaboración co Movemento contra o Cancro, MOVICANCER, para garantir o acceso e ampliar a cobertura do tamizaje do Cancro Cérvico Uterino, a través da nova proba careHPV™ (desenvolvida por PATH e QIAGEN ), a cal detecta o ADN do VPH e que demostrou ser apropiada para o seu uso en áreas en desenvolvemento.

Esta iniciativa é promovida por MOVICANCER, Nicaragua, socio local de PATH, con quen se está desenvolvendo un proxecto rexional para a introdución do uso da proba de ADN do VPV. O proxecto para Nicaragua estará a ser implementado a través do Ministerio de Saúde como un proxecto piloto en 3 departamentos do país con maior prevalencia e incidencia de VPH e Cancro Cérvico Uterino: Carazo, Chontales e Chinandega. Este último, considera os municipios de Posoltega, Chichigalpa e tamén en El Viejo en toda a súa extensión territorial.

APADEIM, ve estas coordinacións como unha oportunidade para lograr o acceso gratuíto á aplicación das probas de tamizaje e beneficiar a máis mulleres no territorio, pois a detección que se pode realizar a través da proba careHPV é máis sensible que o Pap ou IVAA. Esta proba require infraestrutura básica e a súa sensibilidade é alta tanto con mostras cervicais como vaginales (incluíndo mostras vaginales tomadas polas mesmas mulleres sen necesidade dun espéculo), logrando promover a autonomía e o autocuidado das mulleres, por ser un método que pode ser autoaplicado, eliminando algunhas das barreiras culturais que limitan a detección temperá do Cancro cérvico uterino.