Coñecendo a realidade das persoas refuxiadas

Coñecendo a realidade das persoas refuxiadas

O pasado 18 de febreiro tivo lugar o primeira actividade do 2021 enmarcada nos Espazos de Participación do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, proxecto executado por Fundación Mujeres e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Esta actividade que levou por título Quen son as persoas refuxiadas. Cando o teu país non é un lugar seguro”,  tivo como obxectivo principal descubrir quenes son as persoas refuxiadas e os motivos que as levan, concretamente ás mulleres, a fuxir dos seus países de orixe, deixando tamén un espazo para dar a coñecer a entidade encargada de levar a cabo a charla,  ACCEM, e a labor que desenvolve na cidade.

No inicio da actividade, Sofía Cifuentes, traballadora social de ACCEM, animou as asistentes a que participasen aportando as súas propias ideas/reflexións sobre o concepto de refuxiado/a ó que seguiu unha detallada explicación pola súa parte sobra a diferenza entre refuxio e migración. Do mesmo xeito, aportáronse datos das solicitudes de asilo dos últimos anos e os recursos que se adoptan para axudar ás persoas que se atopan nestas delicadas situacións.

Na última parte da charla púxose mais o foco no concernente as mulleres refuxiadas, explicando e reflexionando de maneira conxunta cás participantes sobre o asilo por motivos de xénero e por qué motivos específicos as mulleres vense na obriga de marchar dos seus países de orixe como poden ser, entre outros, a mutilación xenital, o matrimonio forzado ou a trata, o que supuso uns dos momentos máis intensos da presente actividade.

Por último, se fixo unha reflexión sobre como combater os discursos de odio ou as falsas noticias sobre as persoas refuxiadas nun fin de xornada que tivo unha participación moi activa por parte das mulleres asistentes.

Se es cuidadora, excuidadora, ou potencial cuidadora e queres participar nas nosas actividades, chama ao 981 29 40 97 (Extensión 6001) e te informaremos.

Coñecendo a realidade das persoas refuxiadas

Coñecendo a realidade das persoas refuxiadas