Clausura do proceso de liderados transformativos en El Salvador

Clausura do proceso de liderados transformativos en El Salvador

No mes de agosto deu inicio o proceso formativo cun grupo de homes novos do occidente do Salvador facilitado polos Colectivo Homes pola Equidade, quen implementaron unha serie de técnicas e coñecementos para que os participantes puidesen dimensionar a importancia de cambiar o sistema heteropatriarcal que rexe á sociedade.

Este proceso , enmarcado no proxecto: “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, desenvolveuse en cinco xornadas de día e medio de duración nas instalacións de Ágape con mozos das comunidades de Santa Ana e Sonsonate.

Estes talleres serviron para fortalecer e reforzar coñecementos cos mozos e tamén tiveron a oportunidade de compartir e establecer vínculos de confianza no grupo, xerando sinerxía entre participantes e facilitadores.

Cos coñecementos adquiridos, os mozos xeraron mensaxes denunciando e sinalando accións de violencia en contra das mulleres. Estes insumos serán utilizados no marco dos 10 días de activismo, posteriores ao 25 de novembro, Día da non violencia contra as mulleres.

Os mozos mostráronse satisfeitos por participar no proxecto e aproveitaron a oportunidade para agradecer ao equipo facilitador, a Las Mélidas, a Fundación Mujeres e á Xunta  de Galicia por promover estes procesos.

A xornada culminou coa entrega de diplomas aos participantes por parte do equipo facilitador. O reto para estes mozos está por comezar, xa que enfrontar a visión de sistema patriarcal é camiñar cara a unha sociedade máis xusta e equitativa.

Clausura do proceso de liderados transformativos en El Salvador

Clausura do proceso de liderados transformativos en El Salvador