Avaliación dos primeiros 9 meses do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)

Avaliación dos primeiros 9 meses do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)

No marco do proxecto» Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)«, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, do 8 ao 18 de decembro levouse a cabo a viaxe de seguimento a Nicaragua programado para avaliar os obxectivos alcanzados desde o inicio do proxecto en abril, até o momento.

Neste sentido, realizáronse reunións de seguimento e avaliación tanto coas mulleres e homes participantes no proxecto, como co equipo técnico e coordinador do mesmo, así como visitas de seguimento ás comunidades do proxecto.

A valoración xeral destes case 9 meses de proxecto é moi positiva. Tanto mulleres como homes participantes no proxecto manifestaron a necesidade de seguir participando neste tipo de iniciativas, e puxeron de manifesto a importancia do exercicio dunha sexualidade responsable e unha vida libre de violencia cara ás mulleres.

As mulleres destacaron os beneficios que lles está aportando o autocoidado, concretamente o acceso aos seguimentos médico-xinecolóxicos, e o coñecemento que lles está ofrecendo o proxecto en materia de dereitos sexuais e reprodutivos, que antes descoñecían, así como o coñecemento do seu corpo e métodos de planificación familiar. Cabe destacar, que grazas ao acceso aos recoñecementos xinecolóxicos detectáronse 6 casos moi graves que tiveron que ser operados, e moitos casos leves que están en tratamento.

Os homes, pola sua parte, destacan como ao principio do proxecto eran contrarios a que as súas mulleres levasen a cabo exames xinecolóxicos, por celos e medos, e como a través da formación e información recibida desde o proxecto, ademais de comprender a importancia da saúde sexual e reprodutiva das mulleres, comprenderon que, en palabras dun dos participantes «non temos por que mandar no corpo das mulleres». Así mesmo, resaltan o descoñecemento que tiñan en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e que aínda lles falta moito por aprender.

Ademáis, mediante técnicas de información cruzada, comprobouse que tanto mulleres como homes, destacan os cambios que están a ver nas súas parellas. As mulleres destacan un cambio nos homes tanto a nivel afectivo, como de respecto polos seus dereitos, e corresponsabilidade no fogar. Os homes destacan maior autonomía das súas parellas e comunicación, así como que as ven máis felices.

En relación ao Observatorio de violencia e dereitos sexuais e reprodutivos previsto no proxecto, destácase que é un instrumento moi potente de incidencia política de face ás autoridades, e que aínda é necesario seguir reforzando para incidir en cambios reais no municipio do Vello.

O próximo 1 de xaneiro dará comezo a segunda anualidade do proxecto, que finaliza o 30 de novembro de 2016, polo que tamén durante esta viaxe analizáronse conxuntamente os aspectos de mellora e planificáronse as accións a executar durante o 2016.