Atención e Consellería en saúde sexual e reprodutiva a 45 mulleres de El Viejo, Chinandega (Nicaragua).

Atención e Consellería en saúde sexual e reprodutiva a 45  mulleres de El Viejo, Chinandega (Nicaragua).

Unha das actividades contempladas no proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)” cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, é o seguimento médico – xinecolóxico a 100 mulleres das comunidades, mediante atención e Consellería en Saúde, Sexual e Reprodutiva.

Até o momento, a Asociación Centro de Orientación Familiar e Educación Sexual «XOCHILT ACALT» realizou exames e tratamentos específicos a 45 mulleres. En concreto 45 citoloxías, 3 colposcopias, 3 biopsias, 36 tratamentos, 1 ultrasonido de mama, 1 ultrasonido pélvico e 4 mulleres foron referidas á especialista para a realización de cirurxías. Grazas aos diagnósticos realizados, detectáronse tempranamente patoloxías xinecolóxicas nun 35% dos casos, é dicir en 16 das 45 mulleres que acudiron a consulta e que puideron ser tratadas adecuadamente.

Ás mulleres que se lle realizou conización, dada a importancia do resultado das súas cirurxías  (Condiloma acuminado e Neoplasia de alto grao  (NIC II)),  estáselles dando seguimento ao longo destes meses, mediante colposcopía e citología. Como se indicaba anteriormente, houbo catro mulleres ás que tamén se lles realizou cirurxía, algunhas delas non  por ter lesións de alto grao, senón por que requirían de procedemento cirúrxico para contribuír á súa calidade de vida. Coas parellas das mulleres que resultaron con Papanicolaou alterados, iniciouse un proceso de sensibilización ante esta situación, incidindo na importancia de que se fagan tamén recoñecementos médicos, xa que na maioría dos casos, son eles os portadores das enfermidades de transmisión sexual.

Atención e Consellería en saúde sexual e reprodutiva a 45 mulleres de El Viejo, Chinandega (Nicaragua).

Atención e Consellería en saúde sexual e reprodutiva a 45 mulleres de El Viejo, Chinandega (Nicaragua).