As mulleres de El Viejo continúan coas súas revisións médico – xinecolóxicas

As mulleres de El Viejo continúan coas súas revisións médico - xinecolóxicas

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, realizouse unha nova quenda de visitas médico – xinecolóxicas co obxectivo de promover nas mulleres a adopción de medidas de prevención, detección temperá, atención médica  urxente por cancro genito-mamario, ITS e outras enfermidades relacionadas á saúde sexual e reprodutiva. Nesta ocasión asistiron 10 mulleres de comunidades beneficiarias que están a participar nalgunhas das dúas fases do proxecto.

Cada vez é maior o número de mulleres que acode ás revisións e seguimentos médico – xinecolóxicos, así como a porcentaxe de mulleres que, grazas a isto, están a ter unha mellor calidade na súa vida sexual. Unha atención de calidade e recibir a medicación oportuna son dúas dos puntos máis positivos que caracterizou esta área de intervención.

As mulleres seguen manifestando o seu agradecemento pola intervención que se está levando a cabo nas comunidades, así como o seu compromiso para con elas mesmas e co coidado da súa saúde sexual. De igual maneira, o compromiso adquirido polas súas parellas durante este proceso é evidente e vén reforzar os bos resultados obtidos até o momento no marco dos proxectos cofinanciados pola Xunta de Galicia.

As mulleres de El Viejo continúan coas súas revisións médico – xinecolóxicas

As mulleres de El Viejo continúan coas súas revisións médico – xinecolóxicas