As mulleres de diversos municipios de El Salvador fórmanse sobre dereitos sexuais e reprodutivos

As mulleres de diversos municipios de El Salvador fórmanse sobre dereitos sexuais e reprodutivos

O pasado 9 e 10 de agosto levouse a cabo un taller no que se abordou o tema da sexualidade e a saúde desde un modelo biopsicosocial cun grupo de lideresas de diferentes municipios do Salvador.

Durante o primeiro día do taller procedeuse á análise das presións sociais ás que estivo sometida a sexualidade das mulleres, ademais de realizar unha retrospectiva sobre o seu papel na historia.

Abordáronse tamén aspectos sobre a anatomía do aparello reprodutor feminino, facendo especial énfase na zona do clítoris e explicando o proceso do orgasmo e exaculación feminina a nivel biolóxico.

Todo isto, desde unha perspectiva libre de prexuízos co obxectivo de poder vivir a sexualidade de forma satisfactoria e independente.

Pese ao gran número de mulleres asistentes, as facilitadoras Angélica, Silvia, Esperanza e Teresa lograron xestionar de maneira satisfactoria a aprendizaxe da temática baixo un clima de traballo tranquilo, aberto e en confianza.

Este proceso de formación será desenvolvido en 5  sesións, a primeira foi esta realizada no mes de agosto, e facilitado por persoal das Mélidas e Fundación Mujeres.

Estas accións que contribúen ao alcance do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) número 5 referido á igualdade de xénero, realízanse no marco do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

As mulleres de diversos municipios de El Salvador fórmanse sobre dereitos sexuais e reprodutivos

As mulleres de diversos municipios de El Salvador fórmanse sobre dereitos sexuais e reprodutivos