As coidadoras asisten a un obradoiro sobre o uso da medicación e primeiros auxilios.

As coidadoras asisten a un obradoiro sobre o uso da medicación e primeiros auxilios.

O xoves 25 de abril, de 16:00 a 20:00 da tarde, tivo lugar un encontro organizado polo Servicio Galego de Saúde (SERGAS) sobre o uso da medicación e primeiros auxilios ó que asistiron ás usuarias do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. A responsable da sesión foi a doutora María Amparo González Blanco, médica base da Coruña.

O ESPA contiña actividades como aprender a facer unha reanimación, o proceso de chamada ó 061, asistencia inicial ante un traumatismo, entre outras; ademáis de información teórica sobre medicación, dores, queimaduras, traumatismos, o proceso de atención a unhaemerxencianun hospital e a saída da ambulancia cun médico de urxencia.

Foi un espazo interesante para resolver dúbidas e aprender técnicas e métodos que axuden ao paciente en caso de emerxencia, ademáis de ser unha actividade moi interactiva e amena.

As coidadoras asisten a un obradoiro sobre o uso da medicación e primeiros auxilios.

As coidadoras asisten a un obradoiro sobre o uso da medicación e primeiros auxilios.