As agricultoras de Quisapincha (Ecuador) participan en diferentes xornadas produtivas e de formación

As agricultoras de Quisapincha (Ecuador) participan en diferentes xornadas produtivas e de formación

Fundación Humana Pueblo a Pueblo – Ecuador, no marco do Proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua” que executa en colaboración con Fundación Mujeres e co apoio financeiro da Xunta de Galicia, levou a cabo diferentes actividades ao longo do mes de decembro.

Co obxectivo de mellorar as capacidades de manexo da froita de Uvilla, as agricultoras recibiron capacitacións en Boas Prácticas de Manufactura, abordando temáticas como hixiene e aseo persoal, limpeza de utensilios e desinfección das áreas para elaborar alimentos. Nestas formacións, que levaron a cabo todos os xoves do mes durante dúas horas, participaron unha media de 15 agricultoras por Asociación. Na mesma liña, capacitouse ás agricultoras en valor agregado da uvilla. A finalidade é que as agricultoras transformen a uvilla en produtos como marmelada e néctar, permitíndolles xerar un ingreso adicional á súa economía familiar.

Por outra banda, o 18 de decembro desenvolveuse o XII Foro Agropecuario de Tungurahua no auditorio do Goberno Provincial de Tungurahua. Esta actividade forma parte da Estratexia Agropecuaria impulsada polo goberno nacional a través do Ministerio de Agricultura e Gandaría (MAG) en coordinación co Goberno Provincial, así como os GADS cantonales e parroquiais. Fundación Humana estivo presente coas agricultoras de Quisapincha e Huachi Grande, quen ofertaron o froito da uvilla nas súas diferentes variantes.

Así mesmo, o equipo técnico realizou 3 xiras agropecuarias a parcelas demostrativas con certificación de BPA’s situadas na provincia de Riobamba. A finalidade destas xiras é, por unha banda, mostrar ás agricultoras emprendimientos, grupos e asociacións que, a través de procesos similares de produción, conseguiron un empoderamiento económico que lles permitiu unha maior autonomía e solvencia económica familiar e, por outra, ver diferentes opcións de granxas con certificación de Bpas e coñecer o proceso que estas persoas ou asociacións realizaron para lograr a dicir certificación.

Grazas ao esforzo, dedicación e empeño das agricultoras que fixeron posible estas actividades en beneficio das súas familias e as comunidades ás que pertencen.

As agricultoras de Quisapincha (Ecuador) participan en diferentes xornadas produtivas e de formación

As agricultoras de Quisapincha (Ecuador) participan en diferentes xornadas produtivas e de formación