Arrinca o proxecto “Unha mirada a África: Mulleres e desenvolvemento” en A Coruña

Arrinca o proxecto “Unha mirada a África: Mulleres e desenvolvemento” en A Coruña

O próximo día 28 de outubro darán comezo os talleres de educación para o desenvolvemento, que terán lugar nos IES Fogar de Santa Margarita e no CE Liceo A Paz en A Coruña, enmarcados no proxecto “Unha mirada a África: Mulleres e desenvolvemento”, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña.

A área xeográfica de África Subsahariana caracterízase por altas porcentaxes de feminización da pobreza, a mesma afunde as súas raíces na vulneración dos dereitos do africanas froito dunha desigualdade que se manifesta en ámbitos tales como: a educación, a saúde, a economía e o empoderamiento. A través destes talleres tentamos concienciar ao alumnado de que poden converterse en axentes de cambio, con creatividade e mínimo esforzo, desmontando o mito segundo o que, é un problema social queda lonxe, non nos incumbe ou é moi difícil de solucionar “non se pode facer nada”.

Realizaranse dous talleres en cada aula nos que se proxectarán, como eixo central da actividade, dous curtos dirixidos por directoras españolas, ao redor dos cales se establecerán varias dinámicas de exposición e debate de ideas, fomentando en todo momento a reflexión e a proposta de accións.

Arrinca o proxecto “Unha mirada a África: Mulleres e desenvolvemento” en A Coruña

Arrinca o proxecto “Unha mirada a África: Mulleres e desenvolvemento” en A Coruña