Aprendendo sobre alimentación saudable

Aprendendo sobre alimentación saudable

Hoxe en día existen múltiples condicionantes na nosa forma de vida que nos conducen, con frecuencia, a levar unha alimentación inconsciente vinculada a comer en exceso e ligada á tensión e á ansiedade.

Lograr unha alimentación saudable, realizando unha elección consciente cara aos alimentos que inxerimos ás veces non é tarefa fácil. Durante o taller, levado a cabo o mércores 13 de maio de 11 h a 13 h a través da ferramenta telemática meet de Google, debatemos sobre a forma de relacionarnos cos alimentos e a comida. Trátase de saber como nos sentimos e para comer escoitando as necesidades do noso organismo, separándoa das emocións.

Durante a duración do taller as participantes comentaron as prácticas que realizan en casa e como os patróns mentais e emocionais están relacionados coas condutas alimentarias.

Esta actividade levouse a cabo no marco do Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Se es coidadora, excoidadora, o potencial coidadora y queres participar nas próximas actividades, chama ao 981 294 097 (extensión 6001) ou manda un mail a igualdadgalicia@fundacionmujeres.es e te informaremos.

¡Anímate e participa con nos!

Aprendendo sobre alimentación saudable

Aprendendo sobre alimentación saudable