A Violencia de Xénero continúa diezmando a vida das mulleres en Nicaragua

A Violencia de Xénero continúa diezmando a vida das mulleres en Nicaragua

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, continuouse revisando os medios de comunicación masiva e rexistrado os casos de violencia baseada en xénero a nivel comunitario. Os datos seguen sendo alarmantes, no que vai de ano foron 12 os femicidios ocorridos a nivel nacional. A nivel comunitario, rexistráronse, entre xaneiro e a primeira quincena de febreiro, 10 casos de violencia de xénero e 1 morte materna.

En canto á tipoloxía dos casos de violencia rexistrados nas comunidades, atópanse: 2 casos de violencia psicolóxica, 2 casos de violencia física, 1 caso de acoso sexual, 2 casos de violencia patrimonial, 1 violación a unha adolescente de 14 anos, 1 caso de falta de pagamento da pensión alimenticia e 1 caso de subtracción de menores. Destes casos, soamente, 5 das mulleres interpuxeron a denuncia, as cales están en seguimento e acompañamento. Desde APADEIM continúase incidindo na importancia de denunciar a violencia e seguir toda a ruta de atención integral.

En canto ao observatorio de saúde sexual e reprodutiva, informouse dun caso de morte materna, unha muller de 30 anos. A causa parece apuntar a unha preclamsia que non foi atendida de maneira pertinente polas instancias correspondentes. A morte materna é o reflexo da vulneración de dereitos fundamentais, tales como o dereito á vida e a recibir unha atención oportuna e de calidade no seguimento do seu control prenatal. Situacións como estas convidan á reflexión e á posta en común para a procura de alternativas, para previr. A nosa ferramenta principal, a voz, e continuar denunciando as inxustizas e acompañando o proceso de empoderamiento das mulleres, compartindo información oportuna sobre os seus dereitos e o exercicio do mesmo.

A Violencia de Xénero continúa diezmando a vida das mulleres en Nicaragua

A Violencia de Xénero continúa diezmando a vida das mulleres en Nicaragua