O programa Cuidadanas chega ata o concello de As Pontes na provincia de A Coruña

O programa Cuidadanas chega ata o concello de As Pontes na provincia de A Coruña

Como cada ano, un novo municipio está interesado en participar do Servizo de Apoio Integral a persoas Coidadoras no medio rural, neste caso trátase de As Pontes, localidade que recibirá apoio emocional, asesoramento individual e acollerá espazos de participación para a activación persoal e social das mulleres coidadoras usuarias deste Servizo.

Ao longo de case tres meses abordaremos temas como o autocoidado persoal para mellorar a nosa calidade de vida e a nosa saúde. Practicaremos entre todas a relaxación corporal e mental para poderes acadar  tranquilidade en calquer lugar e momento do día, e para rematar, abordaremos temas coma a xestión da culpabilidade e o chantaxe emocional.

O grupo está composto por coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras de familiares dependentes, co que se xerará diversidade de experiencias, distintos puntos de vista e seguro que se acada moita empatía entre elas, o teres o tema do coidado en común.

O programa Cuidadanas chega ata o concello de As Pontes na provincia de A Coruña

O programa Cuidadanas chega ata o concello de As Pontes na provincia de A Coruña