Rematan as actividades enmarcadas no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural

Rematan as actividades enmarcadas no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural

Grazas ao cofinanciamento da Deputación Provincial de A Coruña e a unha gran implicación e respaldo dos Concellos de Bergondo, Abegondo, Cambre e Betanzos especialmente das concellarías Servizos, puidéronse desenvolver diversas actuacións, enmarcadas no proxecto Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural, dirixidas a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras na contorna rural.

A delegación de Galicia de Fundación Mujeres clausurou esta semana as últimas actividades enmarcadas nos itinerarios formativos do proxecto que se compuxeron dos seguintes talleres monográficos:

  •  Taller de Saúde e Autocoidado, no que abordáronse de forma detallada os custos do coidado co obxectivo de activar un proceso de toma de conciencia do propio estado e as propias necesidades das coidadoras. Así mesmo, facilitáronse algunhas claves para fomentar o benestar persoal: a promoción da saúde, o fortalecemento da autoestima, a participación social e a posibilidade de retomar un proxecto vital propio. Nunha das sesións traballáronse tamén técnicas de relaxación e da conciencia corporal para mellorar o benestar físico e mental, de cara a previr e paliar a tensión e a sobrecarga das coidadoras.
  • Taller de Identidade e Autoestima, de cara a potenciar o desenvolvemento dunha autoimaxe e autoestima positivas determinantes no seu proceso de desenvolvemento personal. A través de diferentes dinámicas, se traballaron aspectos como o autocoñecemento, aceptación, autovaloración,…de cara a reforzar ou mudar aquelas características persoais que lles impiden avanzar cara o seu desenvolvemento persoal e social.
  • Taller de Habilidades de Comunicación, onde se tratou de analizar a importancia e influencia da comunicación na calidade das relacións interpersoais e a toma contacto coas propias necesidades e desexos. Neste taller abordanse as principais habilidades comunicativas e persoais vinculadas ao contacto interpersoal e ao manexo de conflitos, para mellorar as relacións persoais, familiares e sociais das coidadoras, como un elemento capital da súa calidade de vida e a súa saúde emocional.
  • Taller de Coidar en Igualdade, para fomentar a  corresponsabilidade familiar nos coidados. O reparto equitativo das tarefas e responsabilidades favorece que as coidadoras teñan mais tempo libre para o autocoidado, as relacións sociais, a participación social, o acceso a recursos, a participación laboral, etc., o que incide na diminución do índice de sobrecarga e, polo tanto, na calidade de vida global.

As participantes nas actividades mostraron unha alta satisfacción coas actuacións do proxecto, aínda que a maioría indicou que é necesaria unha maior continuidade nos apoios específicos para as coidadoras, de maneira que permitan profundar máis nas dificultades coas que se atopan e as alternativas para facerlles fronte. Segundo as súas propias palabras, as coidadoras que participaron destacan que os talleres lles serviron para darse conta do importante que é coidarse a si mesmas e dedicarse un tempo para elas, así como aprender cousas novas e xerar espazos onde compartir as súas experiencias.

Desde o equipo so nos queda agradecer a implicación do persoal técnico que contribuíu a facilitar o desenvolvemento deste proxecto, as compañeiras en prácticas que nos apoiaron durante este tempo e, especialmente, gustaríanos recoñecer a labor diaria das participantes, reivindicar o seu dereito a ser protagonistas das súas vidas máis aló do coidado e agradecer o seu entusiasmo e motivación a hora de participar nos talleres. Esperamos poder volver a compartir e aprender con vos o ano que ven.

Rematan as actividades enmarcadas no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural

Rematan as actividades enmarcadas no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural