Remata o proxecto “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”

Remata o proxecto “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”

O proxecto “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”, levado a cabo por Fundación Mujeres executado no marco dunha subvención da Concellería de Igualdade e Diversidade do Concello de A Coruña,  tivo por obxectivo contribuír á promoción dunha cidadanía global concienciada sobre a igualdade de xénero e a defensa dos dereitos humanos. Este proxecto, que vai xa pola segunda edición, impartiuse en dous centros de Educación Primaria e dous de Secundaria da cidade.

Nos CEIP Cidade Vella e San Pedro de Visma, e os IES Elviña e Agra do Orzán, o alumnado participante traballou a igualdade de xénero xunto coas discriminacións por mor da etnia, clase social ou nacionalidade, e o propio autoconcepto a fin de mellorar a convivencia dentro e fora dos centros educativos.

Os resultados obtidos nas avaliacións amosan a boa acollida do programa:

-En Educación Primaria, máis do 85% do alumnado salientou o que lle gustaron as actividades realizadas, con comentarios como: “O que mais me gustoi foi o feito de que estes obradoiros poidan ensinar ás persoas que creen que as mulleres, estranxeiros e demais son inferiores” ou “Aprendin cousas que non sabía, xogamos a xogos moi divertidos e descubrimos que hai xente con menos posibilidades ca outra”.

-Na Educación Secundaria Obligatoria, a valoración global das sesións por parte do alumnado é tamén moi positiva para mais do 80%, e amosan comentarios como: “felicito a forma de tocar temas como a discriminación con xogos (para captar o interese) e así meternos no papel”.

Como actividade final, realizouse a entrega de premios do concurso de bandas deseñadas “Debuxando realidades” no IES Elviña, de onde saíron seleccionadas as tres viñetas gañadoras.

Por último, agradecer a todas as persoas participantes, tanto do alumnado como do profesorado, pola súa boa acollida e colaboración.

Remata o proxecto “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”

Remata o proxecto “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”