Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña

Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña

 O Curso de Creación de Empresa é unha formación semipresencial dirixida a:

  • Emprendedoras que desexan analizar a viabilidade do proxecto antes da súa posta en marcha.
  • Empresarias que queren estudar a viabilidade do seu negocio co obxectivo de melloralo e consolidalo.

A formación ten carácter gratuíto, e as prazas son limitadas. Ten unha duración de 120 horas, das cales 35 son obrigatorias e presencias e o resto a través do noso Campus Online.

A metodoloxía de traballo é fundamentalmente práctica, o cal combina a eficacia da formación presencial coa flexibilidade da formación online.

Ao longo do trimestre reforzaremos a formación con diversos obradoiros complementarios sobre áreas concretas que seguro serán de grande interese.

As datas presenciais do curso son: 

  • 10 de marzo: Introdución, Metodoloxías e Ferramentas
  • 17 de marzo: Estudo de Mercado
  • 31 de marzo: Estudo de Mercado II
  • 14 de abril: Plan de Marketing
  • 28 de abril: RRHH, Produción e Plan Xurídico
  • 12 de maio: Plan Económico Financeiro
  • 19 de maio: Plan Económico Financeiro II

Horario: 9.30 – 14.30

Lugar: Centro Cívico Castrillón.

 INSCRÍBETE NESTE FORMULARIO.

 

Porémonos en contacto contigo! 

981 29 40 97 / 663 20 25 28


asesoriagalicia@fundacionmujeres.net

Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña

Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña