Fundación Mujeres recibe unha doazón do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso

Fundación Mujeres recibe unha doazón do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso

No marco do 25 de novembro de 2018, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso levou a cabo a campaña «Controla que non te controlen» co ánimo de dar visibilidade as situacións cotiáns do control entre a mocidade, que son a base na escalada cara á violencia de xénero, na que participou o alumnado e profesorado do Centro. Dentro da campaña realizaronse diversas actividades de sensibilización, concertos benéficos e venda de camisetas co lema da campaña  «Controla que non te controlen».

O pasado xoves 7 de marzo as 13:00 hs, no Salón do Aulario do CIFP Someso tivo lugar un acto para facer a entrega da doazón de 700€,  importe recadado pola venda das camisetas, á Fundación Mujeres, representada por Esther Basanta e Rosalía Romarís.

Desde Fundación Mujeres sentimonos orgullosas de ser a entidade elixida polo centro e queremos darlles as grazas publicamente por esta doazón, especialmente polo simbólico deste acto pois representa o seu compromiso cun tema tan crucial como a loita contra a violencia de xénero. Pola nosa banda, seguiremos traballando co obxectivo de contribuír á mellora da situación social e a calidade de vida das mulleres, así como ao desenvolvemento do principio e as políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos diferentes ámbitos social, político e económico.

Fundación Mujeres recibe unha doazón do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso

Fundación Mujeres recibe unha doazón do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso