Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servicio de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural

Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servicio de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural

Con Servizo de apoio integral as mulleres coidadoras no medio rural, que xa leva 8 anos grazas o apoio finaceiro da Deputación Da Coruña, Fundación Mujeres pretende contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras e a promover o seu desenvolvemento persoal e social, aprendendo a demandar apoio de xeito eficaz e fomentando hábitos de vida máis saudables.

Mediante as actividades grupais nas que participan, se reforzan as relación sociais a través da interacción con mulleres que están ou estiveron na mesma situación.

A formación que se ofrece en materia de autocoidado, habilidades de comunicación, corresponsabilidade e xestión do tempo, entre outras, pretende que as mulleres poidan exercer os labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras, fomentando, deste xeito, o seu empoderamento persoal durante toda a intervención.

Este ano a intervención levarase a cabo nos seguintes concellos: Cabanas, Oroso, As Pontes, Melide, Cerceda, Curtis-Teixeiro, Ordes, Culleredo, Pontedeume, Bergondo, Ares, Laracha, Sada y Abegondo.

Se es cuidadora, excuidadora, ou potencial cuidadora e queres participar nas nosas actividades, chama ao 981 29 40 97 (Extensión 6001) e te informaremos.

¡Anímate e participa con nos!

Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servicio de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural

Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servicio de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural