A violencia de xénero en cifras en El Viejo (Nicaragua)

A violencia de xénero en cifras en El Viejo (Nicaragua)

Como parte do traballo realizado desde o Observatorio de Violencia de Xénero e Saúde Sexual e Reprodutiva con cobertura en El Viejo, enmarcado dentro do proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)«, cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, está a darse seguimento á situación de violencia baseada en Xero que se vive a nivel comunitario.

Desde as 18 comunidades que entregaron reportes, a través das voluntarias elixidas para iso, desde o mes de maio até esta data identificáronse un total de 30 delitos, dos cales, soamente en 6 ocasións as vítimas interpuxeron denuncia formal ante a policía. O tipo de violencia que se recolle en maior número de casos é a violencia física (8), violencia física e psicolóxica (7) e violencia sexual (7). O resto dos datos recolleitos refírense a casos de violencia psicolóxica (5), violencia económica (2) e tentativa de femicidio (1).

Un dato a destacar é que ao comparar os datos oficiais de denuncias interpostas e as táboas de rexistro comunitarias atopamos que non hai coincidencia entre ambas, polo que se deduce que a violencia que ocorre nas comunidades non se está denunciando formalmente. Nos próximos días realizásese unha visita de seguimento á Policía Nacional para tratar de identificar a razón desta diferenza e valorar posibles mecanismos que animen ás mulleres que están a ser vítimas de violencia de xénero a denunciar.

A violencia de xénero en cifras en El Viejo (Nicaragua)

A violencia de xénero en cifras en El Viejo (Nicaragua)