Retomamos o proceso de formación en SSR con mulleres de comunidades rurais de El Viejo, Nicaragua.
De cara á prevención a información é vital. É por iso que as mulleres continúan no proceso formativo en Saúde Sexual e Saúde Reprodutiva, o cal sen dúbida promove a súa autonomía e pensamento crítico fronte ao coidado da súa saúde. Todo este proceso inflúe na construción dunha comunidade con máis equidade e igualdade de coñecementos e habilidades para a saúde.