
O Concello de Oroso incorpórase ao Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras do Medio Rural
Un novo grupo de mulleres de Oroso incorpórase este ano 2020 ao SAIC Rural. O concello amosou o seu interese por ofrecer este servizo ás mulleres coidadoras do seu municipio e acordouse levar a cabo os nosos talleres entre os meses de setembro e novembro.