Traballando a autoestima en Pontedeume

Traballando a autoestima en Pontedeume

Dende o comezo deste obradoiro tratamos de identificar as nosas cualidades, destrezas e virtudes para ir potenciando unha autoestima positiva. De igual maneira, afianzamos a construcción da nosa identidade fortalecendo os nosos desexos e necesidades.

Autovaloración, empoderamento, aceptación e autorefexión son algúns dos termos eixe nos que centramos as nosas dinámicas para avanzar cara o noso desenrolo persoal.

Entre todas nos, xeramos un espazo de debate e reflexión onde destacamos que a nosa autoestima non só é boa para nos mesmas e a nosa toma de decisións, senón que tamén é moi importante para as nosas relacións interpersoais e a nosa comunicación cos demais.

Fomos comprobando como a medida que avanzabamos na temática a confianza e a seguridade en nos mesmas iba collendo importancia para expresar libremente as nosas experiencias, complexos e debilidades. Entre todas conseguimos transformar os medos e límites en oportunidades para crecer como persoas e seguir mellorando a nosa autoestima.

Ó remate pedinlles a todas elas que me escribiran, de maneira anónima, que lles aportaban este tipo de xuntanzas. Deixovos na foto a opinión dunha das nosas usuarias.

Esta actividade enmarcase no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural, proxecto executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña.