Comezan os obradoiros entre homes denominados: “A primeira vez”

Comezan os obradoiros entre homes denominados: “A primeira vez”

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, iniciáronse os obradoiros co tema “A primeira vez” aos que asistiron os homes beneficiarios das comunidades rurais de El Viejo, Nicaragua.

Estes obradoiros desenvólvense co obxectivo de identificar os factores sociais  presentes no inicio das experiencias sexuais dos homes. Isto permitiu que eles sexan conscientes de que maneira as crenzas machistas tiveron influenza ao comezo da súa vida sexual, na procura de reafirmar a súa condición de homes.

Durante estes obradoiros os participantes teñen a oportunidade de compartir, desde as súas experiencias, os riscos que estiveron presentes ao momento de ter a primeira relación sexual, na que, maioritariamente, mencionan que non se utilizou ningún tipo de protección ante as ITS nin para previr posibles embarazos. Ademais, expoñen que, en moitas ocasións, foron decisións tomadas baixo a influencia de comentarios doutros homes, que recibían presións e burlas sobre a súa suposta falta de hombría. Outro aspecto importante é que a maioría dos participantes mencionan que iniciaron a súa vida sexual a idades moi temperás, na adolescencia, onde consideran non asumían unha responsabilidade maior.

Por todo isto, os participantes consideran de suma importancia que se divulgue e se forme aos homes, especialmente aos menores, sobre a responsabilidade que leva o ter relacións sexuais, xa que isto axudaría a previr contaxio de ITS e embarazos non planificados

Comezan os obradoiros entre homes denominados: “A primeira vez”

Comezan os obradoiros entre homes denominados: “A primeira vez”