Como parte das accións de sensibilización en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e dereito a unha vida libre de violencia enmarcadas no proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente de El Salvador”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, levouse a cabo un taller coas lideresas de varios departamentos, previo á elaboración da campaña de sensibilización prevista coa PNC para esta segunda anualidade.
Durante o taller, e tomando en conta experiencias propias, as mulleres identificaron os principais problemas que se atopaban no momento de ser atendidas polo persoal da PNC. Cada unha das participantes expresou a súa opinión sobre os principais problemas que se enfrontan como cidadás ao requirir os servizos que brinda a corporación policial.
Entre a información obtida hai varios aspectos recorrentes:
-O acoso: as mulleres que participaron no taller, denunciaron que, en máis dunha ocasión, foron acosadas por membros da PNC, algo que segundo elas é unha problemática recoñecida pola sociedade, pero que ninguén lle prestou o interese debido.
-Falta de confidencialidade: as mulleres que se deciden a denunciar casos de violencia, teñen o dereito a que a información brindada ás e os axentes en quenda sexa tomada en conta, respectada e que non compartida con ninguén máis, o cal parece que non sempre é así.
-Confianza: dentro das problemáticas presentadas para mellorar a atención ás mulleres atópase a falta de confianza nas autoridades.
A información recollida das lideresas será utilizada como insumo para a elaboración das mensaxes da campaña, co fin de mellorar a atención ás mulleres que sofren violencia.