No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, lévase a cabo o seguimento a situacións de violencia baseada en xénero identificadas nas comunidades como unha maneira de apoiar ás mulleres en El Viejo, Nicaragua.
Como resultado das distintas accións do proxecto, no que as mulleres coñeceron e tomado conciencia sobre os seus dereitos, logrouse que actualmente elas falen sobre a violencia que viven nos seus fogares e comunidades, onde os agresores son, principalmente, as súas parellas, ex parellas e homes da familia ou coñecidos. En este sentido desempeñaron un rol relevante as persoas referentes das comunidades, tanto para comunicarse con elas como para brindar apoio ás vítimas a través da orientación e acompañamento ante as institucións públicas.
Ademais, APADEIM brindou acompañamento psicolóxico e asesoría legal a mulleres que así o requiren. Isto realizouse nas comunidades aproveitando as visitas comunitarias que fai o equipo técnico para facilitar ás mulleres o acceso a este tipo de atención, considerada de suma importancia para poder saír do ciclo da violencia. Tamén se fomenta a vixilancia comunitaria e creación de redes de apoio principalmente entre mulleres e homes que participaron nos procesos formativos.