No marco do proxecto “Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, analizáronse cas mulleres das comunidades as repercusións e secuelas negativas do cerre das comi¬sarías da muller e as reformas da Lei 779 na loita contra a violencia que viven as mulleres en Nicaragua.
Dado que a violencia cara a muller é un obstáculo para o logro da igualdade, a equidade, e o desenvolvemento, a paz e a participación social, podemos dicir que, actualmente, en Nicaragua a loita pola defensa dos dereitos e a vida das mulleres encontra mermado o seu grado de alcance á xustiza. O cerre, no ano 2016, das comisarías da muller (onde se iniciaba a ruta de acceso á xustiza) foi só o presaxio de circunstancias futuras máis lamentables, nas cales o hermetismo gobernamental é a mostra de unha activa complicidade por parte de todo o sistema político nacional e empezan a verse s repercusións negativas de aprobar o Regulamento de reforma á Lei 779, que menospreza á vida e o benestar das mulleres.
É evidente que, co peche das comisarías, se pechou tamén o principal acceso á xustiza e expón ás mulleres a maior risco de morte por feminicidio, pois de acordo ás reformas á Lei 779 xa non se reciben as denuncias na Policía, senón que envían ás mulleres á Consexería Familiar, onde as animan á reconciliación o que, xeralmente, as expón a continuar vivindo situacións de violencia.
Como parte dos gravámenes xerados polo Regulamento á Lei 779, estanse tipificando actualmente femicidios con figu¬ras xurídicas indiferentes como homicidios e, en niveis extremos, presuntos “suicidios” que non incorren nunha penalización dos delitos segundo á pertinencia do caso. Todo isto en dependencia do contexto (público ou privado) en onde fose executado o delito respectivo e sen mencionar as consecuentes denuncias que á data xacen nulas ou paralizadas nunha sala penal.
O anterior acredita unha funesta realidade á que moitas mulleres se enfrontan no contexto nacional, tal e como comentamos, produto de que a Lei 779 mutou ó punto de deixar de ser na súa esencia, unha lei Integral contra a violencia cara as mulleres, para transformarse en un instrumento legal que aporta máis a un benestar familiar y social e poñéndose en evidencia con isto, el incumprimento do rol das institucións públicas encargadas de facilitar o acceso á xustiza das mulleres.
É por isto que, todos estes obstáculos presentados, son motivo para seguir loitando por unha maior visibilizacion das realidades de moitas mulleres que están sendo vítimas de violencia, facer conciencia de esta realidade e facer uso da denuncia real de estes casos a través de outros recursos como pode ser o Observatorio de Violencia baseada en Xénero.