No mes de xuño iniciouse a execución do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando nos seus dereitos sexuais e reprodutivos e unha vidala libre de violencia”, promovido por Fundación Mujeres e Las Mélidas, co cofinanciamento da Xunta de Galicia – Cooperación Galega.
Este proxecto ten como obxectivo principal fortalecer as capacidades de mulleres e homes para a articulación e incidencia política, en dereitos sexuais e reprodutivos e prevención da violencia contra as mulleres nas rexións de Occidente,Central e Paracentral do Salvador.
Por iso, a principios de mes realizouse unha reunión entre a coordinadora en sede, a técnica expatriada e o persoal das Mélidas que terá funcións directas no proxecto.
Neste primeiro encontro participaron, por parte das Mélidas, Angélica Gutiérrez, coordinadoralocal do proxecto, Mercedes Henríquez, coordinadora da rexión paracentral, Josefina Palacios e Silvia Arévalo da rexión central, Esperanza Ponce da rexión de occidente e Mayra Ramos, comunicadora institucional. Por parte de Fundación Mulleres interviñeron Elisabeth LLamas, técnica expatriada, e Esther Basanta, coordinadora en sede, a cal se conectou vía Skype nos momentos iniciais.
“Esta é unha oportunidade moi importante para que a poboación se empodere e faga incidencia en materia de dereitos sexuais e reprodutivos”, expresou a coordinadora local do proxecto.
Esta primeira reunión aproveitouse para facer as presentacións oportunas, revisar as actividades previstas e delegar algunhas responsabilidades.